A AvogacÃa do Estado recorrerá finalmente a sentenza que obriga a indemnizar a familia Franco polos investimentos feitos para manter o Pazo de Meirás desde 1975. Segundo informaba este 9 de marzo o Ministerio de Presidencia, "un estudo detallado da sentenza" permitiu "apreciar erros de interpretación ou alteracións sobre as pretensións exercitadas na demanda". Entre eles, a sentenza interpreta que o Estado "recoñecera na súa demanda a boa fe dos herdeiros do ditador", do que "se extraen unha serie de conclusións que non se corresponden coa realidade”. Deste xeito, aÃnda que no pasado mes de febreiro anunciara que non presentarÃa recurso, o Estado reclamará ante o Tribunal Supremo unha revisión do fallo da Audiencia Provincial.
O Concello de Sada, o da Coruña e a Deputación provincial anunciaran xa a súa intención de reclamar a decisión, mentres colectivos de memoria histórica e partidos como o BNG chamaran tamén á Xunta e ao Estado a presentaren os seus recursos. A Xunta de Galicia polo momento mantense na súa decisión de non solicitar a revisión desta sentenza.