A Sala Primeira do Tribunal Supremo ven de confirmar en todos os seus termos a sentencia ditada pola Audiencia Provincial da Coruña en base á cal a propiedade do Pazo de Meirás é un ben público propiedade do Estado. Con este resolución o Supremo desestima por unanimidade todos os recursos interpostos contra esa sentencia presentados polos herdeiros do ditador Francisco Franco, os irmáns Martínez-Bordiú Franco.
Na sentencia ditada pola Audiencia Provincial de A Coruña no procedemento seguido a instancia da Avogacía do Estado (coa intervención adhesiva da Xunta de Galicia, Concello e Deputación da Coruña e Concello de Sada) resolvérase que o Pazo de Meirás era propiedade del Estado, e que os irmáns Martínez-Bordiú debían devolver a súa posesión e que tiñan dereito a ser indemnizados polos gastos necesarios e útiles realizados no inmoble durante o tempo que o tiveron en posesión, dado que considerou que non foron posuidores de mala fe.
Nos recursos interpostos ante o Tribunal Supremo por ambas partes xa non se entraba a discutir que os títulos xurídicos nos que se fundamentaba a propiedade do ditador Francisco Franco Bahamonde (doazón w compraventa) eran nulos. As cuestiones sometidas a consideración da Sala referíanse, de xeito resumido, á adquisición do Pazo polo Estado por prescrición adquisitiva ou usucapión, dado o seu destino a servizo público da xefatura do Estado exercida polo ditador durante máis de trinta años desde 1938; ou polo contrario, a posible adquisición por usucapión por parte dos herdeiros de Franco tras do falecemento do militar; así como, entrar a considerar que sen o propietario era o Estado, os Martínez-Bordiú debían ser indemnizados ou non polos gastos realizados na finca.
A Sala confirma a propiedade do Estado e conclúe que desde 1938 o Pazo estivo destinado ao servizo da xefatura do Estado, como unha dependencia similar ao Palacio do Pardo, polo que os seus moradores non puideron posuír a finca en concepto de donos, como mínimo ata a década dos 90, momento no deixou de prestarse todo tipo de servizo pola administración, polo que no se dá por transcorrido o prazo legal de trinta anos para poder adquirir a propiedade pola vía da usucapión. Ademais, considera que non concorren os requisitos para que puidera apreciarse que houbera unha desafectación tácita que despoxara ao inmoble dese carácter de ben de dominio público.
Mantense o suposto de boa fe dos Franco
No relativo aos recursos interpostos pola Avogacía do Estado e demais administracións, a Sala parte da base de que na demanda se indicaba expresamente que non se discutía que os herdeiros de Franco fosen posuidores de boa fe e que, polo tanto, unha vez devolta a posesión del Pazo, debían ser indemnizados nos termos previstos para estes casos no Código Civil. O que, polo demais, era perfectamente congruente co sostido no informe xurídico que se incorporou ao informe da Comisión de Expertos creada polo Parlamento de Galicia para estudar a viabilidade da reclamación da propiedade. En consecuencia, a Sala considera que, si na demanda se mantivo de xeito claro e expreso esta postura, no sería procedente e causaría indefensión modificar posteriormente e negar a boa fe e o dereito a indemnización previamente recoñecidos.
