O Pazo de Meirás está moito máis cerca de ser patrimonio público coa resolución que ven de ditar a xuíza do litixio que enfronta á familia Franco contra o Estado, o concello de Sada, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A maxistrada Marta Canales do Xulgado de primeira instancia número 1 da Coruña acaba de condenar aos Franco a devolver a propiedade ao Estado entendendo a este coma o seu lexítimo propietario. A xuíz estima así na súa sentenza integramente a demanda interposta pola Avogacía do Estado para recuperar o inmoble que se agasallou ao ditador, Francisco Franco, declarando a nulidade da doazón efectuada en 1938 e tamén da posterior compravenda realizada o 24 de mao de 1941, que considera no seu auto de sentenza coma unha simulación levada a cabo polo ditador coa intermediación de Pedro Barrié de la Maza "só co obxecto de poñer o ben ao seu nome . A xuíza ve neste acto "mala fe" polo cal desestima tamén calquera restitución dos gastos nos que podería ter incorrido a familia mentres foi titular do inmoble. A sentenza ten 400 páxinas e pode ser aínda recorrida ante a Audiencia Provincial. O xuízo contra a familia Franco iniciouse o pasado mes de xullo.