Comeza o xuízo polo Pazo de Meirás

O Estado reclama a propiedade do inmoble

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Hoxe comezou na Coruña o xuízo pola propiedade do Pazo de Meirás. A Avogacía do Estado presentou en xullo do ano pasado unha demanda afirmando que a compra do inmoble por parte de Franco no ano 1941 foi "simulada e fraudulenta". Á demanda do Estado sumáronse o concello de Sada, a Deputación da Coruña e a Xunta de Galicia. A demanda diríxese contra seis membros da familia Franco e unha sociedade mercantil, e durará toda a semana. Non foi posible conciliación previa.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, Concello de Sada, Deputación da Coruña, Xunta de Galicia