Os xulgados da Coruña recibían este mércores unha demanda de cen folios por parte da Avogacía do Estado reclamando a devolución do Pazo de Meirás ao patrimonio público por parte da familia do ditador Francisco Franco. Así o informaba hoxe o xornal El País para despois facerse eco o resto dos medios. A demanda por parte do Goberno do Estado fóra amplamente reclamada desde institucións galegas como a Xunta de Galicia, o Parlamento e a Deputación Provincial da Coruña, entidade esta última que impulsou a creación da Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás integrada por varios concellos como Sada e A Coruña, A Real Academia Galega, Universidades galegas e entidades da Moría Histórica. Xustamente foron os informes xurídicos feitos a iniciativa das institucións galegas os que resultaron fundamentais para a demanda agora presentada desde a Avogacía do Estado que viu neles a base para considerar "fraudulenta" a adquisición da propiedade polo ditador e a súa familia, que ademáis foi obxecto de dúas adquisicións segundo detallan os informes. A demanda está presentada ante o Xulgado de primeira instancia Nº1 da Coruña contra os netos de Franco, Carmen, Jaime, Aránzazu, Cristóbal, María del Mar e María de la O Martínez-Bordiú, xunto coa mercantil Prístina, SL, vinculada á familia. A finalidade da demanda é a recuperación como Patrimonio do estado do ben inmoble.
O Goberno reclama xudicialmente aos Franco por Meirás
A Avogacía do Estado presentou a demanda para recuperar o pazo a favor de Patrimonio Nacional
27 lecturas | Compartido 0 veces
Para saber máis
- CG: Institucións públicas e entidades civís crean a Xunta pro Devolución do Pazo de Meirás
- CG: O PP ábrese a que o Pazo de Meirás sexa público mediante accións legais
- CG: A Deputación da Coruña presenta un informe que confirma a posibilidade de recuperar o pazo de Meirás para dominio público
- CG: Un informe da Xunta abre a porta á incorporación do pazo de Meirás ao patrimonio público
- CG: O Parlamento chama por unanimidade a recuperar o Pazo de Meirás
Universo culturagalega.gal
Contextos
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares
