Medio millar de obxectos e documentos de Meirás para o patrimonio público

O xulgado fallou a favor do Estado na reclamación polos bens mobles contra a familia do ditador

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Medio millar de obxectos e documentos de Meirás para o patrimonio público

O preito presentado pola Avogacía do Estado en setembro de 2022 reclamando a propiedade pública de máis de medio cento de bens mobles e documetnos do Pazo de Meirás ven de fallarse o pasado día 7 de novembro na contra dos intereses da familia do ditador Francisco Franco. O Xulgado de Primeira Instancia Número 70 de Madrid dá a razón á representación pública e establece que 559 bens son propiedade do Estado. Este bens, que non estaban incluídos no seu tempo na demanda sobre o inmoble ao non ter constancia deles naquel momento por imposibilidade para o acceso, foron posteriormente reclamados pola Avogacía do estado nunha demanda á que tamén se adheriron o Concello de Sada e a Xunta de Galicia. Para a súa revisión e inventariado fixeron falta accións xudiciais que paralizasen a mudanza prevista pola familia tras a reversión do Pazo a mans públicas. Entre estes bens hai algúns que se consideran parte de Patrimonio Nacional ao estar vencellados co xefe de Estado, o xeneral Francisco Franco na súa actividade como tal, e outros relacionados coa escritora Emilia Pardo Bazán, anterior propietaria do inmoble. A sentencia é recurrible.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Francisco Franco, Emilia Pardo Bazán, Concello de Sada, Xunta de Galicia...