Despois de que o venres a AvogacÃa do Estado presentara un recurso de reposición, o xulgado de primeira instancia nº 1 da Coruña suspendeu o permiso dun mes para que a familia Franco retirara os bens mobles de Meirás. O Estado indicou unha lista de 120 bens tanto do interior como do exterior que considera indisolubles do propio pazo e pediu a constitución dunha comisión xudicial durante a mudanza que supervise a acción. O xulgado terá que resolver os recursos presentados por todas as partes. Xunto coa AvogacÃa do Estado presentaron escritos a Xunta, a Deputación da Coruña e os concellos de Sada e A Coruña. Nun comunicado, a Xunta tamén vén de requirir á familia Franco "documentación adicional" para tramitir a solicitude de traslado referida ás estatuas do Mestre Mateo. "Esta información é tamén un requisito obrigatorio no caso da biblioteca de Emilia Pardo Bazán", indicou o departamento autonómico. Tanto as esculturas mateanas como a biblioteca de Pardo Bazán deberán permanecer no pazo mentres a administración autonómica se pronuncie, para o que ten un prazo de tres meses.