***Actualizado 9/11/2020 ás 16:45h
A responsable do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que leva o caso do Pazo de Meirás acordou hoxe prohibirlle aos Franco retirar ningún ben do inmoble. Segundo recolle Europa Press, a maxistrada aceptou a solicitude do Goberno e ordenou iniciar un inventario do material presente no pazo, tanto no interior como no exterior. Está previsto que este reconto de bens comece este 11 de novembro.
*********
Sen agardar ao 10 de decembro, data lÃmite marcada polo xulgado o pasado venres para abandonar o Pazo de Meirás, a familia Franco anunciou esta fin de semana a súa intención de comezar a mudanza do inmoble. A declaración causou polémica pola posibilidade de que o traslado dos bens mobles almacenados no mesmo afecte ás estatuas do Mestre Mateo custodiadas no seu interior e declaradas Ben de Interese Cultural. Do mesmo xeito, no interior do pazo atópase a biblioteca e Emilia Pardo Bazán, unha colección para a que a Real Academia Galega solicitou a tamén a declaración de BIC. Segundo comunicaron os actuais propietarios, a mudanza afectará a mobles, cadros, tapices e antigüidades.
Ante este anuncio, o Estado solicitoulle ao Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, responsable do caso, a realización dun catálogo dos bens custodiados no edificio como medida cautelar ante o traslado. Ademais, ao longo da fin de semana instalouse un operativo da Garda Civil para controlar as entradas e saÃdas do edificio. A Xunta lembrou que a deslocalización de bens de interese cultural "deberá ser autorizado pola consellerÃa competente en materia de patrimonio cultural e anotado no Rexistro de Bens de Interese Cultural" e que para o mesmo “indicaranse a súa orixe e destino, o carácter temporal ou definitivo do traslado e as condicións de conservación, seguridade, transporte e, se é o caso, aseguramento".
Ante a resolución que obriga aos actuais propietarios a devolver o inmoble ao dominio público o Concello de Sada manifestou a súa vontade de facerse cargo da xestión do inmoble mediante un convenio administrativo que implique tamén á Xunta e á Deputación da Coruña. A intención do Concello é que o pazo se abra de xeito diario e que poña en valor con contidos sobre memoria historia e a vida e obra de Pardo Bazán. Pola súa banda, a Xunta demandou tamén facerse cargo da xestión do pazo, para o que fará unha solicitude formal aos Ministerios de Cultura e de Facenda. Segundo declarou o conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, o Goberno Galego quere empregar o inmoble para usos culturais, en particular a súa condición como berce de grandes intelectuais da Galicia moderna e contemporánea.
Para este mércores está prevista a primeira xuntanza do grupo de expertos para a recuperación das estatuas do Mestre Mateo en mans da familia, impulsado pola Xunta de Galicia e o Concello de Santiago.