A Xunta de Galicia ven de "mover ficha" e iniciar as accións efectivas para a protección dos bens mobles de posible valor patrimonial que pida haber no Pazo de Meirás ante a pretensión dos herdeiros do ditador de baleirar o inmoble co visto bo do xulgado. Nos pasados dÃas activouse un ánimo de alarma ante unha posible espoliación de bens que formen parte inseparable do valor BIC do inmoble, tanto desde concellos e asociacións coma desde o propio Parlamento de Galicia. Agora o goberno galego dá xa os primeiros paso nesa posición de defensa patrimonial. A Xunta vén de presentar un recurso de reposición sobre a decisión do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que concede un mes á familia Franco para a retirada de bens do Pazo de Meirás. O Goberno autonómico considera que a dilixencia "socava as competencias públicas de protección de patrimonio cultural de Galicia" ao non especificar de xeito explÃcito que a retirada de bens de interese cultural precisa a preceptiva autorización administrativa da Xunta. Segundo o avogado da familia do ditador Franco, traballadores da compañÃa de seguridade Prosegur, contratada polo Estado, actuando baixo ordes dos seus superiores, terÃan impedido o paso dun empregado da empresa de mudanzas, que pretendÃa inspeccionar o inmoble para calcular a loxÃstica de transporte.
Ademais o executivo galego vén de remitir unha proposta de convenio de colaboración á Administración Xeral do Estado co obxectivo de protexer os valores culturais das Torres de Meirás como sitio histórico e manter unha acción común nesta materia, dando asà cumprimento ao acordo do Parlamento de Galicia adoptado esta semana por unanimidade de todas as forzas polÃticas. O goberno autonómico quere articular a colaboración e coordinación entre ambas administracións, pretende por medio deste acordo interesar a adopción de medidas, tendo en conta o marco competencial de cada unha das partes, neste perÃodo intermedio entre a execución provisional da sentenza -asumida polo propio Goberno central en coherencia co defendido no preito- e ata que as resolucións xudiciais adquiran firmeza. Segundo A Xunta a entrega provisional do pazo ao Estado o pasado mes de decembro permitiu avanzar no coñecemento dos elementos vinculados a el, o que farÃa posible estender agora a declaración como Ben de Interese Cultural (BIC) de Meirás, aprobada en 2008 coa categorÃa de sitio histórico. En base á normativa estatal e autonómica, nomeadamente a Lei 16/1985 de protección do patrimonio histórico español, a Xunta entende que a colaboración entre ambas institución permitirÃa contribuÃr á protección do BIC.