Nun novo episodio da epopea xudicial que está supor a recuperación para o patrimonio público do Pazo de Meirás, a Audiencia Provincial da Coruña ven de responder favorablemente a un recurso da familia do ditador, outorgándolles a dispoñibilidade para retirar os bens mobles, mobiliario e obxectos, existentes no pazo. Tal e como informa o xornal Praza.gal, o órgano xudicial sinala que estes bens non eran obxecto da demanda interposta polo Estado, que só estaba dirixida ao propio inmoble, polo cal, para obtelos deberÃa ser obxecto dun novo preito futuro presentado polas partes interesadas. No seu auto a Audiencia recoñece tamén o dereito da familia Franco a ser indemnizada por polos danos e perdas que lles ocasionase a incautación destes bens levada a cabo tras da sentencia na que se recoñecÃa a titularidade estatal do inmoble, en base a un auto do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña que a Audiencia provincial agora ven de revogar. Nesta marxe de tempo que o Pazo leva nas mans do estado e non se permitiron sacar os obxectos e mobiliario, técnicos de patrimonio da Xunta elaboraron un inventario deben con ata 700 obxectos entre os que están as estatuas do Mestre Mateo que foron obxecto de litixio entre o Concello de Santiago e a familia Franco.