O xulgado ratifica a data para que os Franco entreguen as chaves do Pazo de Meirás

Tampouco poderán retirar obxectos do conxunto antes do 10 de decembro

4/12/2020 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O vindeiro 10 de decembro a familia Franco deberá entregar ao Estado as chaves do Pazo de Meirás. Así o confirmou a responsable do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña, Marta Canales, que rexeitou así as alegacións da familia sobre a execución cautelar da sentenza que determina o retorno do ben ao dominio público. Ao tempo, a xuíza prohíbelle á familia a retirada de bens do pazo, fora daqueles que poidan ser considerados de estrito uso persoal, mentres non se completa o inventario que determina cales dos elementos se consideran afectados pola sentenza e cales poderán continuar en mans dos actuais propietarios. Contra este auto cabe a posibilidade dun recurso ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás

Claves

Lugares