A familia Franco entregará ao estado o pazo de Meirás de xeito provisorio

Os actuais propietarios aceptan a execución provisoria da sentenza que os obriga a devolver o monumento

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Segundo recolle hoxe o xornal La Opinión, a familia Franco acepta a execución provisoria do fallo que lles obriga a devolver ao Estado o Pazo de Meirás. Os herdeiros do ditador sinalan que "non teñen intención de se opor" a esta execución e, mentres non se resolva o recurso que presentaron, "cumprir voluntariamente a obriga de entre ao seu cargo declarada na sentenza". O xornal apunta que representantes dos propietarios entregaron este 3 de novembro no Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Coruña o escrito no que comunican a súa intención. O mesmo responde, segundo eles, a ter coñecemento polos medios de que o Estado ía solicitar a execución provisoria da resolución xudicial.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pazo de Meirás, La Opinión

Claves

Entidades
Lugares