A Xunta de Galicia anunciou onte que recorrerá a sentenza xudicial pola que se establecÃa que o Estado deberÃa indemnizar á familia Franco polos gastos producidos no inmoble desde a morte do dictador. Tamén a concello de Sada recorrerá a sentenza da Audiencia "que non se axusta a dereito respecto da condición posesoria de boa fe que dita sentenza lle atribúe aos netos do dictador e con efectos de 1975". Para a Xunta de Galicia, a resolución xudicial é "contraditoria ao cualificar de boa fe a posesión e, ao mesmo tempo, considerar probado que a familia Franco era coñecedora da situación na que se adquiriu o ben". As dúas administracións súmanse ao Estado, que foi a primeira parte en recorrer a sentenza. Ata o momento de publicación desta nova (15.00 h.) a Deputación e o concello da Coruña, que tamén participaran no xuÃzo, aÃnda non anunciaran se tamén Ãan cuestionar a sentenza.