O alcalde de Santiago de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo informou onte de que o concello presentará ante o Tribunal Supremo un recurso de casación diante do Tribunal Supremo para solicitar a revisión da sentencia da Audiencia Provincial de Madrid pola que daba a razón á familia Franco na demanda presentada polo concello compostelán sobre a propiedade das esculturas mateanas. Pero, ao mesmo tempo, o concello solicitará un recurso extraordinario por infracción procesal, é dicir, solicitará a incorporación de nova documentación á causa que, segundo o alcalde, "probarÃa sen ningún tipo de dúbida que as esculturas foron adquiridas polo Concello, que permaneceron nel e que despois aparecen no Pazo de Meirás sen que exista ningún procedemento documentado para tal cambio". AÃnda que o prazo de presentación do recurso de casación remata o 23 de xaneiro, a admisión do recurso extraordinario por parte do Supremo permitirÃa dispoñer dun prazo de tres meses para reunir a nova documentación.