A Xunta inicia a declaración BIC das esculturas do Mestre Mateo

Entre elas figuran as dúas estatuas vinculadas á familia Franco

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O Diario Oficial de Galicia publicou hoxe a incoación do expediente para declarar Ben de Interese Cultural as nove esculturas do Mestre Mateo que procedían da desaparecida fachada occidental de Santiago de Compostela. As esculturas teñen diversos propietarios: o Museo da Catedral de Santiago, o Museo de Pontevedra, ou propietarios particulares. Isto inclúe as dúas estatuas ("Abraham ou Xeremías" e "Isaac ou Ezequiel") das que a familia Franco indica a propiedade e sobre as que o concello de Santiago de Compostela presentou un litixio reclamando a súa devolución.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ben de Interese Cultural, Museo de Pontevedra, Museo da Catedral de Santiago...