Santiago reclama a devolución das estatuas do Mestre Mateo

Dá un prazo de quince días aos Franco para a entrega antes de ir os xulgados

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Concello de Santiago enviou un requerimento formal á familia Franco informándolle de que debe proceder á devolución das estatuas do Mestre Mateo nun prazo de quince días. De non facelo, o concello iniciará unha causa nos tribunais reclamando a propiedade municipal destas estatuas medievais, tras realizar unha investigación na procura de documentación formal dunha venda da institución aos Franco e non localizar ningún documento. Os Franco declararon a propiedade desas figuras en 1961. Previamente figuraban orixinalmente nas escadas do pazo de Raxoi trala súa adquisición ao conde de Ximonde, quen expresou na escritura de venda que as pezas debían preservarse no patrimonio da cidade e pertencer os veciños.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Santiago

Claves