Cultura quere unha postura común das bibliotecas públicas na negociación do canon

Anxo Lorenzo reuniuse co presidente da FEGAMP

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A Consellería de Cultura quere que as bibliotecas de distinta titularidade pública -municipais, provinciais ou autonómicas- manexen unha postura común de actuación ante os requerimentos das sociedades de xestión por mor da aplicación do canon das bibliotecas. Así llo manifestou por carta o departamento autonómico aos concellos galegos e ao redor desta cuestión xuntáronse este mércores o secretario Xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, co presidente da FEGAMP, José Manuel Rey. As bibliotecas deberán responder aos cambios na Lei de propiedade intelectural e do decreto de 2014 no que se desenvolven os dereitos de remuneración por préstamos de obras.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Anxo Lorenzo, Consellería de Cultura

Claves

Protagonistas
Conceptos