Anxo Lorenzo é o novo secretario xeral de Cultura

A remodelación do goberno galego deixa tamén a eliminación da dirección xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

A Consellaría de Cultura, Educación e Ordenadación Universitaria xa ten estrutura e xa se coñecen algúns dos nomes designados tralo cambio de goberno. As competencias de Cultura que se adscribiron a este departamento terán a Anxo Lorenzo (Vigo, 1964) como o seu máximo responsable. O que foi o secretario xeral de Política Lingüística asume agora o reto de xestionar a política cultural da Xunta. A súa secretaría xeral perde a dirección xeral de Libro, Bibliotecas e Arquivos creada hai xusto un ano (que substituía á de dirección e promoción cultural) e queda só cunha dirección xeral, a de Patrimonio Cultural. O decreto, que sairá publicado maña, xuntos cos dos nomeamentos dos primeiros cargos, establece tamén que a Agadic, a Axencia Galega das Industrias Culturais, segue adscrita a este departamento.


No tocante á estrutura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, contará cos seguintes órganos superiores e de dirección:

1. Secretaría Xeral Técnica.
2. Secretaría Xeral de Cultura.
2.1 Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.
3. Secretaría Xeral de Política Lingüística.
4. Secretaría Xeral de Universidades.

5. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. 6. Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.