Cultura creará unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

Extínguese o departamento de Promoción e Difusión da Cultura

2/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura desaparecerá do organigrama da Consellaría de Cultura. O departamento será substituído pola nova Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos, no que estarán integrados a Biblioteca e mais o Arquivo de Galicia, da Cidade da Cultura. O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, anunciaba esta mañá a mudanza na presentación dos orzamentos do seu departamento para 2011. Ademais, Varela sinalou que o resto de competencias da dirección a extinguir pasarán a mans da Axencia Galega das Industrias Culturais, que se dedicará á promoción das industrias culturais do país.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Roberto Varela, Axencia Galega das Industrias Culturais, Arquivo de Galicia...