Turismo, a promoción exterior e a Cidade da Cultura centran os orzamentos da Cultura

Agadic incrementa o seu orzamento un 20%

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Roberto Varela acudiu hoxe ao Parlamento para explicar as liñas xerais do orzamento da consellaría de Cultura para o vindeiro 2012. O seu departamento contará con 153,6 millóns de euros para executar as súas liñas de traballo. Varela comezou a súa intervención falando dos programas de promoción e difusión cultural, que se artellarán arredor dos Sectores do Libro, Bibliotecas e Arquivos, nos que a biblioteca da Cidade da Cultura terá un protagonismo central. Con respecto ao Patrimonio, será unha prioridade a conservación, posta en valor e dinamización do Camiño de Santiago e da Rede Galega de Patrimonio Arqueolóxico. Varela anunciou que Agadic incrementa un 19% o seu orzamento e contará con 15,1 millóns de euros en 2011. O turismo, que asume case o 40% dos recursos totais do departamento con preto de 50 millóns, destinará 10,5 millóns á organización e desenvolvemento de acción como campañas institucionais e a creación de dez produtos de cabeceira de marca.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Turismo, turismo e cultura

Turismo, turismo e cultura

Roberto Varela anuncia a Lei de Bibliotecas ao tempo que revisará a de Patrimonio e Turismo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Roberto Varela, Camiño de Santiago, Bibliotecas...