Cultura contará con 175.9 millóns de euros en 2011

A oposición denuncia que os investimentos sofren recortes de preto dun 40%

2/11/2010 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela presentaba esta mañá ante o Parlamento das contas do seu departamento para 2011. Segundo as previsión da Xunta, Cultura contará con 175.9 millóns de euros o vindeiro ano, dos que 12,7 irán á Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), 34,4 á Fundación Cidade da Cultura e 20,6 ao Xacobeo. Entre outras novidades, Varela anunciou a vindeira creación dunha Dirección Xeral dedicada ao libro e ás bibliotecas e a celebración no vindeiro exercicio de actividades conmemorativas arredor de Cunqueiro, Castelao e Valle-Inclán. O Centro Galego de Arte Contemporánea, pola súa banda, contará con 3 millóns de euros, e verá recortado o seu investimento en adquisicións. Desde a oposición, a parlamentaria do BNG Ana Pontón denunciou que o recorte en Cultura é ata tres veces superior ao do resto de consellarías, e cifra nun 40% o descenso real de investimentos. Pola súa banda, María Concepción Burgo López, do PSdeG, salientou que partidas como a destinada á conservación de bibliotecas reduciuse un 92,5%, mentres o apoio ás industrias culturais, segundo ela, descende ata un 44%.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Castelao, Roberto Varela, Xacobeo...