Cultura anuncia un investimento de 3,4 millóns de euros en bibliotecas

Diminúen as partidas para adquisición de novos fondos en 2011

25/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Segundo asegurou esta mañá o conselleiro de Cultura Roberto Varela no Parlamento, neste 2011 investiranse nas bibliotecas galegas un total de 3,4 millóns de euros. Segundo Varela, o seu departamento segue a apostar polo afortalamento da rede pública de lectura malia á crise económica. No entanto, recoñece a diminución dalgunhas partidas como a destinada á adquisicón de novos fondos, que pasa dos máis de 2 millóns de euros do pasado ano a algo máis de 1,2 dos que a administración autonómica e a estatal poñen cada unha a metade. O titular de Cultura achacoulle esta diminución ao recorte das achegas estatais a este respecto. Á hora de falar de actividades de animación á lectura, os centros disporán dun total de 200.000 euros, dos que 150.000 irán ás bibliotecas nodais, situadas nas grandes cidades, fronte aos 50.000 para todos os demais centros. Outro cen mil euros irán para a realización de actividades culturais nas bibliotecas. A nivel de infraestururas distribuirase algo máis dun millón de euros entre os centros para mobiliario, mentres 330.000 euros máis servirán para adquirir equipamentos informáticos e mais para a adaptación ás novas tecnoloxías.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Lectura, Roberto Varela, Animación

Claves

Protagonistas