O Ministerio de Cultura achegará 9.600.000 euros para adquisición de fondos en bibliotecas de todo estado

Avalancha de libros

16/3/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
As bibliotecas públicas que dependen do Goberno Central disporán este ano de 9.600.000 euros para a adquisición de fondos. Esta cifra, que supón un notable incremento sobre os 2.912.000 euros de 2005 permitirá, segundo asegurou a ministra de Cultura, actualizar os fondos destes centros. Desta cifra, cando menos un millón de euros irá destinado á adquisición de libros en linguas cooficiais. Segundo os datos do Ministerio de Cultura, en Galicia hai 275 centros susceptibles de verse afectados por esta medida.

Máis información en noticias.info e no Web do Ministerio de Cultura

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Ministerio de Cultura, Goberno Central