As bibliotecas públicas cambiarán o sistema de adquisición de fondos para atender á diversidade cultural das autonomías

Diversidade nos andeis

Procurar que os fondos bibliográficos das bibliotecas públicas dependentes do Ministerio atendan ás peculiaridades da diversidade cultural das comunidades será o obxectivo dos convenios que o Ministerio de Cultura asinará coas comunidades autónomas. A ministra de Cultura, Carmen Calvo, propuxo a sinatura destes convenios onte na Conferencia Sectorial de Cultura reunida en Comillas, un foro no que están representadas as CC.AA., co fin de coordinar a compra de volumes e poder “adquirir máis libros e con mellores criterios”. Estes convenios suporían un cambio no sistema de adquisición de fondos que este ano levouse a cabo mediante concurso público. Na mesma reunión quedou constituído un grupo de traballo para a elaboración de indicadores e estatísticas culturais.

Máis información en La Región