Definidas as competencias da nova Dirección Xeral do Libro

Asumirá a dirección da Biblioteca e do Arquivo de Galicia na Cidade da Cultura

13/1/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto polo que desenvolve unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos dependente da Consellería de Cultura e Turismo. As competencias da nova Dirección xeral, que substitúe á anterior de Promoción e Difusión da Cultura, inclúen o apoio á produción cultural e plans respecto da política do libro, o estímulo da creación literaria, as autorizacións para a realización de feiras, a dirección da Biblioteca e do Arquivo de Galicia (que están na Cidade da Cultura) ou a execución da lexislación sobre propiedade intelectual. A nova Dirección Xeral tamén ten por obxectivo "a orientación do servizo público da lectura para difundir a cultura por medio do libro e dos soportes virtuais relacionados coas novas tecnoloxías da información". O resto das competencias da extinta Dirección Xeral serán asumidas pola Axencia Galega das Industrias Culturais.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquivo de Galicia, Lectura, Bibliotecas, Turismo...