Publícase a estrutura da nova consellería de Cultura, Lingua e Xuventude

Aínda non se coñecen a maior parte dos directivos

24/4/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A nova Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta xa dispón dunha estrutura orgánica a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia hoxe. Canda o conselleiro José López Campos, o departamento conta cunha secretaría xeral técnica ao cargo de María Elvira Casal García, anterior subdirectora Xeral de Planificación e Dinamización Lingüística. É o único cargo confirmado oficialmente. A maiores, a consellería disporá da Secretaría Xeral de Lingua, da Dirección Xeral de Cultura, a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e a Dirección Xeral de Xuventude. Tamén queda vinculada coa consellería a Axencia Galega das Industrias Culturais.

Que che parece esta nova?
90 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Consellería de Cultura, José López Campos, Galicia Hoxe...