A Xunta confirma a supresión da Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos

O Consello da Xunta aproba o novo organigrama da Consellería de Cultura e Educación

19/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Consello da Xunta aprobou hoxe a nova estrutura orgánica da Consellería de Cultura e Educación, trala remodelación do goberno galego decidida polo Presidente da Xunta. A nova Consellería de Cultura e Educación unifica os delegados territorias de Cultura cos de Educación, e suprime a Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos (aínda que mantén unha subdirección xeral de Bibliotecas). A Secretaría Xeral de Cultura asume o resto dos departamentos da anterior Consellería.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Bibliotecas, Consellería de Cultura, Secretaría Xeral de Cultura...