Desaparece a consellaría de Cultura e Turismo na remodelación da Xunta

Cultura intégrase en Educación, que mantén á fronte a Jesús Vázquez

3/1/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Alberto Núñez Feijoo deu a coñecer hoxe a remodelación do seu equipo de goberno de cara á recta final da súa lexislatura. A no organigrama da nova Xunta desaparece a consellaría de Cultura e Turismo repartindo as súas competencias actuais entre outros departamentos. De tal xeito, a área de Cultura intégrase en Educación que mantén á súa fronte a Jesús Vázquez. As competencias de turismo pasan a ser asumidas directamente polo presidente da Xunta.

A remodelación da Xunta deixa o goberno galego en 8 consellarías, situándose ao nivel de Murcia, Cantabria, Navarra e Madrid que teñen este mesmo número de departamentos.

Os cambios do goberno
Segundo explicou o propio presidente, Alberto Núñez Feijoo, Elena Muñoz substitúe a Marta Fernández a cargo da Consellaría de Facenda, mentres que Rocío Mosquera fai o propio con Pilar Farjas en Sanidade. Abandona tamén o goberno Samuel Juárez e substitúeo no cargo Rosa Quintana que asume as competencias de Medio Rural, ás que xa tiña á fronte da Consellaría do Mar. Segundo apuntou na rolda de prensa, Alberto Núñez Feijoo, os catro xa exconselleiros "pasaron ou pasarán" a traballar en Madrid.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Educación, Madrid, Medio Rural...