A Consellería de Cultura reincorpora Educación

O reparto de departamentos no novo goberno galego retíralle as competencias sobre Turismo a Román Rodríguez

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A composición do novo goberno galego, que a Xunta de Galicia anunciou este 6 de setembro, modifica o organigrama da Consellaría de Cultura. No novo repartimento de funcións, o departamento que dirixe Román Rodríguez recupera as competencias sobre Educación, que xa estiveran ao seu cargo entre 2015 e 2018. Pola contra, o conselleiro deixará as políticas sobre turismo, que pasan a facer parte da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo que dirixe o vicepresidente primeiro Alfonso Rueda. O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo daba a coñecer este domingo a organización do goberno da súa nova lexislatura, logo de ser reelecto para o seu cargo o pasado 3 de setembro.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Educación, Román Rodríguez, Goberno Galego...