O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijoo, anunciou esta mañá unha remodelación do seu goberno que implica mudanzas en varias consellarÃas. Entre elas, anunciou a separación entre Cultura e Educación, ata o de agora integradas, e apuntou a creación dunha nova ConsellarÃa de Cultura e Turismo que "reforza os ámbitos cultural e turÃstico, coa vista posta no próximo Xacobeo 2021". Román RodrÃguez, actual conselleiro de Eduación e Cultura, seguirá á fronte do novo departamento, mentres que Carmen Pomar Tojo incorporarase ao goberno como conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional. Os novos membros tomarán posesión dos seus cargos mañá ás 10 horas no Pazo de Raxoi.