A Xunta elimina a anunciada Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual que dependía de Economía

As competencias desta materia adscríbense agora a Presidencia

11/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Durante a campaña electoral os populares comprometéronse a unificar as competencias en material audiovisual (no bipartito repartidas entre Cultura e Presidencia); no deseño do novo organigrama da Xunta crearon a Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual e Contidos Dixitais que se integraba na Consellaría de Economía e Industria; e agora, cando se fai pública a estrutura orgánica desta consellaría, anuncian que “en consonancia cos obxectivos de economía e austeridade” se suprime a Dirección Xeral de Promoción do Sector Audiovisual. As súas competencias nesta materia pasan a ser asumidas polas Secretarías Xerais de Medios e de Modernización e Innovación Tecnolóxica que dependen directamente do Presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Alberte Núñez Feijoo

Claves

Protagonistas
Conceptos