Se no bipartito as competencias en materia do sector audiovisual se mantiñan entre a ConsellarÃa de Industria, a SecretarÃa Xeral de Comunicación e a ConsellarÃa de Cultura, no actual goberno estarán entre a SecretarÃa Xeral de Medios, a de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a de Cultura (mediante a Agadic). Asà o resumiu o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta no que se pechou a estrutura orgánica do novo goberno. Feijóo confirmou que está por definir o modelo concreto pero que será “unha única polÃtica audiovisual, cun único interlocutor”. Ademais, Feijóo quixo destacar a importancia que ten o audiovisual do que dixo que era “un dos sectores importantes da nosa economÃa”.