A piques de cumprise un ano do cambio de goberno, a Xunta aÃnda non ten fixado o organigrama administrativo en materia audiovisual. O presidente da Xunta de Galicia ten manifestado en diferentes ocasións, onte volveuno repetir na rolda de prensa posterior ao consello da Xunta, que estará nun único organismo e que este será o Consorcio Audiovisual de Galicia (entidade interadministrativa no que están desde diferentes departamentos da Xunta ata as deputacións). Pero a dÃa de hoxe este organismo está sen director e sen persoal desde o pasado mes de decembro, á espera dun novo decreto que o lexitime para desenvolver composición e funcións. O gabinete da SecretarÃa Xeral de Medios asegura que o decreo está moi avanzado pero non aclara cando estará listo para levar o consello da Xunta para a súa posterior aprobación.