A Coordinadora de Asociacións do sector audiovisual solicitan unha entrevista con Feijóo

Piden que o organismo que centre as políticas na materia se integre en Cultura

6/7/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Despois de solicitar varias reunións con diferentes “autoridades da Consellaría da Cultura”, a coordinadora de asociación profesionais do sector audiovisual pide agora unha xuntanza co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo. Nela explicaranlle que coinciden na necesidade de unificar todas as competencias desta materia nun único organismo, pero que difiren en canto a súa situación no organigrama administrativo, que ha de estar na Consellaría de Cultura. Ademais, pretende expresar o seu malestar na tardanza da resolución da convocatoria de axudas. Esta coordinadora está constituída polas asociacións profesionais que integran a actores e actrices, guionistas, técnicos, directores e realizadores de Galicia.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Asociacións, Alberte Núñez Feijoo

Claves

Protagonistas
Conceptos