O sector audiovisual crea unha coordinadora para defender os seus intereses

Os representantes solicitaron, sen resposta, unha entrevista o pasado 11 de xuño

30/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A paralización das institucións competentes en materia audiovisual e a indefinición da política a seguir por parte da Xunta despois de producirse o cambio de goberno son os motivos polos que actores, directores, técnicos, realizadores e guionistas acaban de crear unha Coordinadora para defender os seus intereses. A entidade, que ten como voceiro a Vicente Montoto, acaba de emitir un comunicado no que propoñen un dialogo regularizado coas administracións, convocar as comisións das axudas que han de estar formadas por especialistas e a coordinación coa TVG das axudas concedidas pola Consellaría de Cultura. A entidade solicitou unha entrevista co director xeral de Promoción da Cultura o pasado 11 de xuño sen que, polo momento, teñan recibido unha resposta.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con TVG

Claves

Entidades