O audiovisual reclama unha política pública clara para o sector

Un manifesto conxunto denuncia tamén a desaparición das axudas ao talento

26/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

A Coordinadora de Asociacións Profesionais do Audiovisual Galego, integrada pola Asociación de Actores de Galicia (AAAG), a Asociación de Técnicos (ATEGA), a de Directores (CREA) e a de Guionistas (AGAG) asina o manifesto no que o sector reclama unha nova política pública neste ámbito. O texto denuncia a desaparición das axudas ao talento, que estes colectivos consideran "a liña de axudas que, con menor investimento, maiores beneficios xerou no sector". Canda a isto, solicitan que se clarifiquen as liñas da política audiovisual da Xunta e en qué organismo recaerán as competencias neste ámbito.

Do mesmo xeito, solicitan que se desenvolvan medias para paliar a desaparición das
axudas a producións en linguas cooficiais que dependían do Goberno Central, e reclaman, entre outras cuestións que a TVG se manteña como medio público e motor da industria.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Manifesto, Asociacións, AAAG, Goberno Central...

Claves