As asociación profesionais do audiovisual galego rexeitan a suba do IVE para o sector

O Ministerio de Cultura anuncia novos recortes por importe de 20 millóns

19/7/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: audiovisual
2 lecturas | Compartido 0 veces
A suba do IVE do 4 ao 21% das entradas a espectáculos culturais (cines, teatros, circos, concertos, bibliotecas, museos, exposicións) aprobado o venres pasado acaba de ser rexeitado polos profesionais do sector audiovisual. As asociacións de Actores (AAAG), Directores (CREA), Guionistas (AGAG) e Técnicos (ATEGA) fixeron público un comunicado no que expresan o seu “malestar” e séntense un “sector especialmente maltratado polos recortes da administración”. Cuantifican o incremento para o sector cultural nun 150%, mentres que noutros sectores ronda o 20%.
O anuncio fíxose público o mesmo día no que o Secretario de Estado de Cultura, José María Lasalle, comunicoulle aos seus directores xerais e entidades representantes das institucións dependentes do Ministerio que teñen que facer reaxustes este ano por importe de 20 millóns de euros.

Universo culturagalega.gal