O "Plan de reactivación dos sectores culturais e turístico" presentado polo Conselleiro de Cultura e Turismo Román Rodríguez a pasada semana, segue a recoller críticas por parte de diferentes representacións gremiais do sector cultural. Ás previas contestacións por parte da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) e da Asociación Profesional de Artistas de Galicia (A Colectiva) veñen de sumarse catro novas entidades representativas do sector do audiovisual, a escena e a produción de espectáculos. A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG), Asociación de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) e Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA) coinciden nos seus comunicados en sinalar faltas de concreción no Plan da Xunta, exceso de apoio no Xacobeo, ausencia de respostas para problemas moi específicos e unha ausencia de diálogo e consenso co sector nas medidas tomadas desde a administración autonómica. Todos esixen unha reformulación negociada coas asociacións de profesionais afectados.
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), amosa nun comunicado a súa decepción tras a presentación do Plan da Consellería de Cultura e Turismo. Para os representantes dos intérpretes de teatro e audiovisual na proposta da Xunta "falta concreción de prazos e contías, escasa claridade orzamentaria, presentación de programas baleiros de contido ou o disfrace de convocatorias pendentes e habituais como propostas novas". Nese sentido a AAAG sinala cara axudas como as da produción audiovisual, "convocadas en xaneiro e que se lanzan agora novamente coas mesmas partidas, ou a inclusión dos premios de textos dramáticos creados no 1988 e que a Agadic convoca de forma bienal dende 2014,como única medida para o impulso da dramaturxia". Para a AAAG o plan achega unha resposta claramente insatisfactoria e "ademais esquece que o sector non está formado unicamente por empresas, senón que se compón na súa meirande parte por traballadores e traballadoras". A incerteza futura en todo o relativo ao devir da pandemia pon en tea de xuízo a posibilidade de levar a cabo algunhas das propostas do Plan, segundo din os actores, que subliña a febleza polo tanto de vencellar en grande medida ao Xacobeo e aos e aos circuítos de distribución de espectáculos, dependente dos concellos. Ademais ven un grave fallo que o plan non contemple a posibilidade de que se volva producir un rebrote da enfermidade coa conseguinte suspensión xeneralizada de funcións, unha ausencia que para a AAAG supón unha negación da fraxilidade do emprego cultural. Desde a AAAG consideran que a folla de ruta da Consellería obvia diferentes ámbitos do sector escénico como son as salas privadas ou a danza, ata a o punto de que sinalan que nin o centro de danza autonómico, o Centro Coreográfico Galego, aparece mencionado no texto.
Hai moitas coincidencias entre algunhas destas críticas coas que se fan desde a Asociación de Produtores Técnicos de Espectáculos de Galicia (APTEGA), que cualifican o Plan como "declaración de intencións", ante a falta de concrecións que observan nel e tamén sinalan esa mestura entre accións xa previstas con outras excepcionais, dificultando, segundo eles, coñecer o alcance do esforzo real que se fai polo sector. Tamén desde o seu comunicado alertan dunha falta de transparencia e consulta co sector por parte da administración autonómica. Ademais disto, os produtores técnicos sinalan como "moi preocupante" a medida 10 do Plan, sobre a Formación no eido cultural. Segundo o criterio desta asociación de profesionais, non responde ás necesidades máis urxentes do sector. Para AMPTEGA precísase de xeito máis urxente do habitual profesionalizar o sector, "no que hai moito intrusismo e pouca cualificación", sobre todo nos espectáculos públicos, por estar afectados por razóns de interese xeral e regulados por unha lexislación específica que esixen técnicos competentes para o seu desenvolvemento. Os produtores técnicos coidan que cómpre programar accións formativas de carácter oficial para aqueles traballadores que non conten aínda coa titulación ou acreditación profesional que valide a súa competencia técnica nas actividades ligadas ás razóns de interese xeral.
A Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG) e a Asociación de Profesionais da Dirección e Realización (CREA) emitiron de xeito conxunto un comunicado baseado sobre todo en chamar a atención sobre a unilateralidade na elaboración Plan de reactivación por parte da Xunta e a ausencia de consulta e diálogo co sector que viron no proceso. Para estas asociacións que representan moi directamente a traballadores do sector audiovisual "o que propón a Xunta pode estar cargado de boas intencións pero non dá respostas concretas a necesidades concretas". No relativo ao audiovisual do que estas asociacións falan con autoridade de causa, ven que o documento de Cultura fala de apoiar a fase previa á produción audiovisual pero acusan que non houbo consultas ou reunión previa con guionistas, "como tampouco se reuniron con técnicos, directores, realizadores nin intérpretes para afrontar os protocolos de seguridade das rodaxes ou para enfocar as axudas que o colectivo, máis aló de produtoras e empresarios, precise". Para estes dous colectivos "Unha boa intención debe cristalizar en actuacións definidas e consensuadas cos profesionais que escriben, rodan e interpretan as nosas producións, porque son eles os que mellor coñecen as particularidades do seu oficio", e chaman aos representantes de Cultura a non dar por pechado e blindado o Plan de Reactivación e pola contra sentarse co sector a definir as medidas máis urxentes que precisan no audiovisual.
Protocolos sanitarios
Outro punto no que están en harmonía todas as reaccións das asociacións profesionais da cultura é na importancia e ausencia no Plan, de definición dos protocolos hixiénicos sanitarios que serán precisos para a volta a actividade nas diferentes actividades do sector. Así desde a AAAG chaman a atención sobre a necesidade destas directrices para a reincorporación aos escenarios de actores e actrices, cuxa actividade laboral -dadas as súas singularidades- dificulta enormemente a aplicación tanto en teatros coma en rodaxes das medidas sanitarias fundamentais (o distanciamento e o emprego de equipos de protección individual). Guionistas e realizadores fan fincapé tamén neste punto no que ten que ver coa seguridade nas rodaxes. O mesmo fan desde AMPTEGA solicitando coñecer os protocolos que se esixirán para a volta á actividade das súas montaxes. Neste sentido esta semana deuse a coñecer un documento elaborado polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA), dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria no que se recollen recomendacións preventivas básicas que se deben ter en conta nos servizos e producións de eventos espectáculos.