Os Actores e Actrices decidirán nunha asemblea as medidas a tomar ante a situación do sector

A xuntanza terá lugar o día 21 de xuño

9/6/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

“Negro panorama de paro neste 2009”. Así resume a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) a situación actual. Entre as causas destacan a falta de nomeamento do director da Agadic; o feito de que non estén constituídas as comisións de avaliación da axudas a produción e distribución de espectáculos teatrais e que o Plan de Apoio de Protección da Produción Cinematográfica da TVG estea “no conxelador”. Para iso, na Asemblea Xeral que a AAAG celebrará o vindeiro 21 de xuño decidirán, segundo se publica no boletín da asociación, as “medidas de presión que fagan posible desbloquear os temas pendentes” de non lograr unha resposta inmediata. Representantes do colectivo xa se reuniron co conselleiro de Cultura, Roberto Varela, o pasado 26 de maio, sen que se producira ningunha novidade ao respecto.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con AAAG, Roberto Varela, TVG, Asociación de Actores e Actrices de Galicia...