Apenas un dÃa despois do anuncio da apertura de procedemento de contratación do elenco para a seguinte produción teatral propia do CDG a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG), ven de alzar publicamente a súa voz contra este proceso e alertando sobre os problemas que eles consideran na situación actual da compañÃa pública de teatro de Galicia. A A Xunta Directiva da AAAG considera a súa obriga denunciar novamente a situación de esmorecemento, de baixa contratación, de reducida produción, de escasa distribución e de burocratización do CDG. Os actores ven ademais que a "suposta vontade de diálogo" ofrecida pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic) da Xunta resulta, "senón aparente, si limitada e mal enfocada ao non buscar unha solución consensuada de futuro para unha institución con máis de trinta anos de historia". A asociación de intérpretes incide, como xa fixera noutras ocasións, na necesidade dunha refundación do Centro Dramático Galego para dotalo dunha entidade xurÃdica autónoma e cun orzamento propio.
Esta asociación sindical que reúne a gran parte da profesión da interpretación e da dirección escénica en Galicia amosa novamente a súa preocupación pola "baixa contratación de intérpretes e a escasa produción", cun único espectáculo propio por ano con elencos de dez intérpretes, liñas que, segundo eles, definen a xestión deficitaria dun CDG que consideran excesivamente burocratizado ata o punto "que entorpece e asfixia o normal funcionamento da institución e que se manifesta noutros ámbitos de acción, comezando pola distribución e exhibición das producións propias, que nos últimos anos protagonizaron xiras de escaso percorrido polos escenarios galegos".
A AAAG, por outra banda, cuestiona novamente con especial énfase, como era de agardar, a convocatoria dun proceso de selección de elencos para a escolla de intérpretes de Neorretranca e posmorriña. Para a asociación este tipo de procedementos, sometido ás normas da función pública xeral, "non se adecúan á realidade do sector nin á dimensión creativa do feito artÃstico e pasa por alto as particularidades laborais e artÃsticas tanto de intérpretes coma de directores".