Os actores piden a dimisión do director de Agadic e do conselleiro de Cultura

Cualifican de “incompetencia e mala fé” a reducción das axudas ao sector cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A publicación dunha serie de correccións de erros que rebaixan a contía (en 190.000 euros) das subvencións reativas ás industrias culturais e ao sector audiovisual motivou o enfado da Asociación de Actores e Actrices de Galicia. O colectivo pediu onte a demisión inmediata do director de Agadic, Juan Carlos Rodriguez Fasero, e do conselleiro de Cultura, Roberto Varela por actuar de “mala fe”, xa que nunha xuntanza que mantiveron co sector o pasado 28 de decembro pactaran que non se ían reducir os orzamentos para as axuda. Ademais, anunciou que se a consellaría non recitifica “esperamemos como moito unha semana, pasado se tempo, iremos pola vía contencioso-administrativa” anunciou Vicente Montoto, presidente do colectivo.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Axencia Galega das Industrias Culturais