“As subvencións neste 2012 están á baixa, en sintonÃa coa tónica xeral, pero xa está falado co sector” apuntou Juan Carlos F. Fasero, director xerente de Agadic. Non está previsto a eliminación de ningunha liña de axuda, “aÃnda que si un dimensionamento co peso real que ten o sector” puntualizou. “Non se pode convocar axudas por partidas superiores ás que necesitan os axentes culturais e temos o mellor exemplo no Crédito-cultura” explicou no transcurso de presentación da programación do primeiro semestre da Rede Galega de Teatros e Auditorios.