A rede galega de teatros e auditorios non reducirá o seu orzamento neste 2010

Anunciárase un recorte dun 30% que non se materializou

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Malia que inicialmente se barallaba que a Rede Galega de Teatros e Auditorios, circuíto de exhibición cofinanciando entre a Xunta e os concellos a través de AGADIC, reducira o seu orzamento ata un 30%, ao final non será así. Tal e como confirmou esta mañá, Juan Carlos Fasero, director de AGADIC, onte tivo lugar unha xuntanza da comisión técnica da rede que decidiu manter o mesmo orzamento para a RGTA que no 2009, e dicir, 1.200.000 euros. Ademais, Fasero incidiu na idea de que a RGTA é un dos circuitos de exhibición pero que non debera ser a única vía para a contratación de espectáculos. A reunión aprobou formalmente onte, o acordado entre representantes do sector escénico e a Administración na xuntanza mantida a finais de decembro.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Teatros e Auditorios, Juan Carlos Fasero, Axencia Galega das Industrias Culturais