Agadic promoverá 368 actuacións ata final de ano

Os orzamentos destinados ás redes son inferiores que en anos anteriores

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

As tres redes de programación de Agadic, a Rede Galega de Teatros e Auditorios (RGTA), a Rede Galega de Música ao Vivo (RGMV) e a Rede Galega de Salas (RGS) programarán 368 funcións de aquí a final de ano, con 227, 70 e 72 funcións respectivamente. O desenvolvemento destes tres programas ao longo do ano supóñenlle á Axencia un investimento de 1.157.936 euros, unha cifra inferior á de 2012. Nese ano, só a Rede Galega de Teatros e auditorios tiña un orzamento de 1.700.000 euros. Ademais, se en 2012 se programaron só nese circuito 660 espectáculos, neste ano serán 622, unha cifra inferior xustificada, en parte, polo feito de que a RGTA estivo pechada durante os tres primeiros meses.

Que che parece esta nova?
58 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Salas, Rede Galega de Música, Axencia Galega das Industrias Culturais