Os circuítos de AGADIC achegarán 848 espectáculos nos vindeiros tres meses

A Axencia das Industrias Culturais inviste 812.000 euros nestes programas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Rede Galega de Teatros e Auditorios, a de Salas e mais a de Música ao Vivo manteñen a súa actividade no comezo de 2010. A Axencia Galega de Industrias Culturais anunciaba hoxe que estes programas achegarán 848 espectáculos nos primeiros tres meses deste ano, cun investimento que chega aos 812.000 euros. En concreto, serán 182 as formacións que participarán destes programas. En canto a actuacións, 388 corresponden á Rede Galega de Teatros e Auditorios, 325 inclúense na Rede Galega de Música ao Vivo e outras 135 fan parte de Salas (RGS).

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Galega de Teatros e Auditorios, Rede Galega de Música, Axencia Galega das Industrias Culturais