A AGADIC potencia os seus circuítos

As redes de Teatros e Auditorios, Música ao Vivo e Salas acollerán 440 actuacións ata xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Un total de 440 actuacións compoñen a oferta das redes galegas de Teatros e Auditorios, Música ao Vivo e Salas para o primeiro semestre de 2015. Os programas impulsados pola Axencia Galega das Industrias Culturais medran así un 12,82 por cento a respecto do mesmo período do pasado ano. A AGADIC inviste 446.891 euros na iniciativa nesta primeira parte do ano, e levará estas propostas a un total de 75 salas, teatros e auditorios públicos e privados de 45 municipios.

A Rede Galega de Teatros e Auditorios acollerá neste período 261 representacións en 38 espazos, mentres que na Rede de Música ao Vivo desenvolveranse 120 concertos e seis espectáculos de maxia e de teatro. A Rede de Salas, polas súa banda, albergará 53 espectáculos, dos que preto da metade están pensados para o público infantil.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Axencia Galega das Industrias Culturais, Rede Galega de Teatros e Auditorios