A actuación esta noite de ValentÃn Caamaño TrÃo no Jazz Filloa da Coruña abre a programación do segundo semestre do ano das redes de espectáculos da Axencia Galega das Industrias Culturais. En total, segundo anuncia esta entidade, serán 402 actuacións as que se desenvolverán ata final de 2015 entre os circuÃtos de Teatro e Auditorios, Música ao Vivo e Salas. Un total de 44 concellos intégranse nestas programacións, coa incorporación do Teatro Coliseo Noela de Noia á Rede de Teatros e Auditorios.
Con este programa completaranse un total de 828 actuacións de música, danza, maxia e novo circo que se distribúen entre 75 espazos en 48 concellos. Malia a que a AGADIC sinala un incremento no total de actividades programadas, neste segundo semestre detéctase un lixeiro descenso, ao pasar das 409 actuacións de 2014 ás 402 deste anos.