Un total de 90 colectivos creadores, 75 de artes escénicas e 15 de música, a sumar 110 espectáculos, compoñen a programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o segundo semestre do ano. A Axencia Galega das Industrias Culturais presentaba este 12 de xullo o programa, que contempla un total de 201 funcións en 37 concellos do paÃs ata o final de decembro.
Segundo adiantou a Agadic, o espectáculo que contará con máis representacións no marco deste programa será a Morte accidental dun anarquista de TalÃa Teatro, con 11 funcións. Golulá de Galitoon, con 8, a coprodución entre Ainé e o Centro Dramático Galego Continente MarÃa e Cigarreiras de Contraproducións con sete, son as seguintes que máis xirarán na Rede.
A nivel musical poderán verse concertos de Heredeiros da Crus, Xisco Feijoo, Pabo Sanmamed TrÃo ou A Banda do Verán, mentres que a danza estará presente con nomes como Marta Alonso Tejada, Funboa Escénica, Licenciada Sotelo ou Paula Quintas CÃa. Cayetano Lledó coa súa proposta de ilusionismo e o novo circo de Artefeito ou HÃpica Celta farán tamén parte do programa.
Con estas cifras, a Rede de Teatros e Auditorios superará o medio cento de actuacións no ano a cargo de 181 formacións artÃsticas. O orzamento total deste circuÃto é de 1,8 millóns de euros neste 2022.