Camiños de Cultura 2011 desenvolverá 560 espectáculos no verán

A programación de AGADIC comeza mañá e chegará a 163 concellos

31/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo

O programa Camiños de Cultura achegará neste 2011 563 actuacións de teatro, música, danza, novo circo e maxia a 163 concellos do noso país. O programa comeza mañá e pretende achegar actividades escénicas a concellos que non fan parte da Rede Galega de Teatros e Auditorios. En total, a proposta conta cun orzamento de 807.924, distribuidos entre os concellos e a Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC).

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Danza, Axencia Galega das Industrias Culturais, Rede Galega de Teatros e Auditorios