As actividades da Rede Galega de Teatros e Auditorios, as da Rede de Música ao Vivo e mais as da Rede de Salas intégranse no programa Galicia móvese. A ConsellarÃa de Cultura presentaba esta mañá a iniciativa, que pretende achegar actividades de música, danza, maxia, monicreques, teatro, circo e narración oral a 203 concellos do paÃs. A iniciativa, que conta cun orzamento de 1.115.000 euros, achega como principal novidade o programa Camiños de cultura. Destinado especificamente aos concellos de menos de 50.000 habitantes, a iniciativa cubrirá on 60% dos cachés e os municipios participantes o outro 40%. Na actualidade está aberto o proceso de inscrición nesta actividade. A maiores, dentro de Galicia móvese desenvolveranse tamén o IV Certame de Bandas de Música, e diferentes ciclos de teatro afeccionado, asà como o V Certame de Corais En Clave Coral.